DÍA 6 – O TRAXE GALEGO

Hoxe os protagonistas dos 21 Días co galego e + son os membros da comunidade educativa do  CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra que nos van ensinar todas as marabillas do traxe tradicional galego. Esperamos que vos guste!

 

 

FALAMOS

 

• Para educación infantil…

  • Que acabamos de ver?

  • Gustouvos o vídeo?

  • Que vemos no vídeo?

  • Cantos traxes tradicionais hai?

  • Teñen todos os traxes tradicionais as mesmas cores?

  • Lembrades o nome da peza da roupa que vai por debaixo do traxe de garda? De que cor era?

 

• Para o alumnado de 1º ciclo de educación primaria…

  • Podedes dicir de que vai o vídeo?

  • Cales son os traxes que se diferencian?

  • Poderiades mencionar alguna das partes do traxe de cotío?

  • Poderiades mencionar alguna das partes do traxe de gala ou de garda?

  • Lembrades o nome da parte do traxe que serve para protexerse do frío no traxe de gala ou garda?

  • Despois de ver os traxes, poderiades dicir como diferenciar o traxe de gala ou garda do traxe de cotío?

  • Que traxe vos gusta mais? Por que?

 

• Para o alumnado de 2º ciclo de educación primaria…

  • Sobre que vai o vídeo?

  • Cales son os traxes que máis se diferencian?

  • De quen é o cadro que se ve na escola?

  • Como é o traxe de cotío de home?

  • Cales son as súas partes?

  • Que leva posto o home no traxe de cotío?

  • Que se emprega para tapar o frío no traxe de cotío?

  • Poderías dicir alguna das partes fundamentais do traxe de cotío?

  • Como é o traxe de cotío de muller?

  • Saberías mencionar o nome dalguna das pezas que levan as mulleres no traxe de cotío?

  • Que leva posto a muller no traxe de cotío?

  • Como é o traxe de gala ou garda de home?

  • Como é o traxe de gala ou garda de muller?

  • Como se chama o que levan posto na cabeza nos traxes de cotío?

  • Como se chama o que levan posto na cabeza nos traxes de gala ou garda?

  • Como é o traxe de gala ou garda de muller?

  • Que é a roupa branca?

  • Sabedes dicir o nome das xoias tradicionais?

  • Que tipo de materiais se empregaban para facer as roupas?

  • Que traxe pensas que é mais cómodo?

 

• Para o alumnado de 3º ciclo de educación primaria…

  • Que é a antropoloxía?

  • Que é a etnografía?

  • Sobre que vai o vídeo?

  • Cales son os traxes máis característicos que podemos diferenciar no vídeo?

  • Empréganse para as mesmas cousas?

  • De quen é o cadro que está na escola e que podemos visualizar ao longo do vídeo?

  • Como é o traxe de cotío de home?

  • Como se chaman as súas partes?

  • Como se chaman as teas que se empregan para o traxe de cotío?

  • Como se chaman as teas que se empregan para o traxe de gala ou garda?

  • Que leva posto o home no traxe de cotío?

  • Como se chama o complemento que levan na cabeza os homes no traxe de gala ou garda?

  • Que elemento empregan no traxe de gala ou garda para tapar o frío?

  • Que empregan para tapar o traxe de cotío?

  • Poderías lembrar o nome dunha peza que levaba a muller moi característica da zona de Pontevedra?

  • Menciona as partes fundamentais do traxe de cotío.

  • Menciona as partes fundamentais do traxe de gala ou garda

  • Como é o traxe de cotío de muller?

  • Como é o traxe de gala ou garda de muller?

  • Que é a roupa branca?

  • Como se chaman as pezas que levan as mulleres no traxe de gala ou garda?

  • Como se chaman as pezas que levan as mulleres no traxe de cotío?

  • Como se chaman as xoias tradicionais galegas?

  • Que significa o pano de namorar?

  • Como se chaman os adornos que levan os traxes de gala?

 

BAILAMOS E CANTAMOS

E agora imos todos e todas a cantar e bailar….

Hoxe traémosvos unha canción dunha saia. Sabedes cal é?

Si, é “A saia da Carolina”, neste primeiro vídeo interpretada por nenas e nenos da Escola María Soliña da India que nos demostran como a música tradicional é un patrimonio universal.

 

A segunda proposta é a versión portuguesa desta canción.

 

Etiquetas