DÍA 12 – A HORTA DO ISIDRO
Ola, somos o alumnado do colexio Isidro Parga Pondal e estamos aquí para falar da produción sostible e o consumo responsable.
Seguro que coñecedes a xente que ten horta e traballa nela.
Coma nós tamén a traballamos, gustaríanos presentarvos “A horta do Isidro”, un espazo onde desfrutamos plantando froitas e verduras respectando a natureza de xeito sostible.
Queredes coñecela?
FALAMOS
• Para educación infantil…
Como vedes, na nosa horta temos moitas froitas e verduras.
– Vós tedes horta no cole?
– Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela?
– Cales son as que máis vos gustan a cada un?
– Sabedes a que se lle chaman froitas de tempada?
• Para o alumnado de 1º ciclo de educación primaria…
– Vós tedes horta no cole?
– Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela?
– Unha vez explicamos o que é a compostaxe, que restos podemos meter no composteiro ?
– Pensades que o composteiro cheira ben ou mal?
• Para o alumnado de 2º ciclo de educación primaria…
Vedes que tamén separamos os residuos orgánicos dos inorgánicos.
– Vós tedes horta no cole?
– Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela?
– Por que é importante separar os residuos?
– Na vosa casa separades os residuos?
– Como podemos reducir o desperdicio de comida na casa ou na escola?
• Para o alumnado de 3º ciclo de educación primaria…
– Vós tedes horta no cole?
– Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela? Traballastes algunha vez nunha horta? Gustouvos?
– Desde o Isidro estamos a mellorar o que consumimos no día a día fomentando unha alimentación saudable.
– Que hábitos de consumo credes que deberiamos cambiar para ser máis sostibles?
– Que aprendestes no vídeo que vos gustaría ensinarlles a outras persoas?
BAILAMOS E CANTAMOS
E agora imos todos e todas cantar e bailar….
Para rematar cantando hoxe imos tomar con Pakolas un “Caldo de repolo” da horta ben marchoso!
