DÍA 18 – A FORZA DA NOSA VOZ

Hoxe chéganos o vídeo do CPR Plurilingüe Amor de Dios de Vigo no que se nos fala da importancia que ten a nosa voz na vida da nosa lingua.

 

 

 

 

 

 

FALAMOS

Agora imos falar un pouco. Contádenos….

• Para educación infantil… 

  • Que din os nenos de infantil do vídeo que lles gusta facer?

  • E a vós, que vos gusta facer en galego?

• Para o alumnado de 1º ciclo de educación primaria…

  • Que din os nenos de infantil do vídeo que lles gusta facer?

  • E que din os de primaria?

  • Que é o galego para ti?

  • A ti que che gusta facer en galego?

 

• Para o alumnado de 2º ciclo de educación primaria… 

  • E que din os de primaria?

  • Que é o galego para ti?

  • O vídeo de hoxe quere incidir na importancia que ten que cada un de nós fale en galego. Que cres que podes facer ti polo galego?

  • Que sabes do Día das Letras Galegas? Sabes a quen se lle dedicou a primeira vez? Como o celebrades no voso cole?

  • Que sabes de Begoña Caamaño?

 

• Para o alumnado de 3º ciclo de educación primaria… 

  • O vídeo de hoxe quere incidir na importancia que ten que cada un de nós fale en galego. Que cres que podes facer ti polo galego?

  • Que sabes do Día das Letras Galegas? Sabes a quen se lle dedicou a primeira vez? Como o celebrades no voso cole?

  • Que sabes de Begoña Caamaño?

 

BAILAMOS E CANTAMOS

Nas escolas e instituto de Ames están a facer este mes un proxecto moi bonito para falar en galego chamado Modo Galego Actívao. Hoxe sumámonos a eles cantando e bailando o Baile ModoGalego das Maianas, un grupo de cantareiras de Ames, para que ti tamén actives o Modo Galego e sexa a nosa lingua a que saia pola túa bonita boca.

Debaixo do vídeo, tes a letra.