DÍA 19 – O CINE
Ola, somos os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Os Tilos que está no concello de Teo na provincia da Coruña. Fixemos este vídeo para vos contar como era o cine antes e como é agora. O vídeo é o resultado dun traballo no colexio sobre a historia do cine. Coñecemos o cine mudo, o paso ao son e á cor e aprendemos xogando representando pequenas escenas usando o corpo cos xestos e coa imaxinación.
Esperamos que vos gustase o noso vídeo e que vos gusten tamén as propostas que vos traemos.
FALAMOS
• Para educación infantil…
-
A vós gústanvos as películas?
-
Traémosvos adiviñas de personaxes de películas, a ver se acertades. Clicade na imaxe para ver o vídeo.
-
Agora podedes facer vós as vosas.
• Para 1º e 2º ciclo de primaria…
-
Fuches algunha vez ao cine? Que película fuches ver?
-
Gústache o cine?
-
Prefires o cine ou a televisión? Por que?
-
Agora convidámosvos a que, despois de ver o vídeo, vós tamén contedes cal é a vosa película favorita.
• Para 3º ciclo de primaria…
O proxecto Unha escola de película fala da historia do cine. Saberías responder estas preguntas sobre a historia do cine?
1. Quen inventou o cine?
☐ Os irmáns Lumière
☐ Charles Chaplin
☐ Walt Disney
2. No vídeo tamén falamos de como eran as primeiras películas. Elixide a opción correcta:
☐ Tiñan cor e son
☐ Eran en branco e negro e sen son
☐ Eran de debuxos animados
3. O cine que non tiña son, lembrades como se chamaba?
☐ Cine moderno
☐ Cine mudo
☐ Cine dixital
4. Segundo se explica no vídeo, que cambiou cando chegou o cine sonoro?
☐ As películas fixéronse máis curtas
☐ Empezáronse a escoitar voces e música
☐ Deixaron de usarse cámaras
5. No vídeo menciónase cal é a característica do cine actual, sabedes cal é?
☐ Non ter efectos especiais
☐ Usar tecnoloxía dixital, son e cor
☐ Ser sempre en branco e negro
6. Segundo o vídeo, que diferenzas atopades entre o cine de antes e o cine moderno?
7. Seguro que coñecedes un montón de películas, a ver se sodes capaces de lembrar:
-
Unha peli de aventuras
-
Unha comedia, que é unha peli que fai rir
-
Unha peli de medo
-
Unha peli de superheroes ou superheroínas
8. No proxecto facemos alusión ao audiovisual galego, coñecedes o nome dalgúns actores ou actrices galegos?
9. Como sabedes, o cine é importante para a cultura e o entretemento. No vídeo mencionamos o nome duns galardóns do cine e da televisión. Lembrades cales son eses premios?
10. Para rematar queremos facervos unhas últimas preguntas sobre o noso vídeo:
-
Gustouvos?
-
Que parte vos gustou máis?
-
Fíxovos rir algunha escena?
-
Que emocións vistes no noso vídeo?
-
Que cara puxemos cando estabamos tristes ou contentos?
SECUESTRO DE CINE
Esther e Digochiño tamén saben moito de cine mudo, mirade a ver que lles pasou.
XOGAMOS
E para seguir pasándoo ben convidámosvos a xogar ao noso pasaGalego para ver canto sabedes de cine.

