DÍA 4 – ARREDOR DA MURALLA

Ola, somos o CEIP Albeiros de Lugo e hoxe queremos falarvos do elemento máis esencial do noso patrimonio e que nos representa a todos, a nosa muralla romana. Esperamos que vos guste o noso vídeo.

 

 

Falamos
• Que vos pareceu o vídeo? Cal foi a parte que máis vos gustou?

• Algún de vós foi algunha vez á cidade de Lugo?

• Que festas aparecen no vídeo? Como se chaman?

• Que se fai nas festas máis coñecidas da cidade de Lugo?

• Agora, podedes invesAgar sobre as seguintes cuestións:

• Cando se construíu a Muralla de Lugo?

• Quen a construíu?

• Sabes cantas portas ten a Muralla de Lugo? Preme na imaxe e fai unha lista co nome de todas.

No vídeo dise cal é a parte da muralla que é máis fotografada. Lembras cal era?

Que lugar está situado preto da ponte romana e serve para relaxarse? Como se describe este lugar?

 

Para os máis pequerrechos

Para os máis pequerrechos deixamos aquí esta canción titulada “O canciño” de Uxía Lambona e a Banda Molona para cantar e bailar.

 

Xogamos

Traémosvos o Xogo da Zoca do CEIP Albeiros que é unha adaptación do tradicional “xogo da oca”. Podedes imprimir esta versión e precisaredes un dado para xogar e fichas de cores.

Xogo da zoca do CEIP Albeiros – Instrucións

O xogo da zoca  do CEIP Albeiros- taboleiro

Bailamos e cantamos

Para rematar deixámosvos dúas cancións.

Unha delas é unha canción popular galega na versión de Lucía Pérez que naceu en Lugo, concretamente no Incio e que nos fala da preservación da cultura e a lingua galegas.

A outra é unha canción homenaxe á muralla musicada polo grupo lucense BaAtal.

Deica outra, e que nos vexamos en Lugo falando en galego!