DÍA 7 – REFLEXIÓN 1
Chegamos ao venres da primeira semana e imos aproveitar este día para reflexionar ademais de pasalo ben.
Analizamos como nos vai
-
Ola, como vos vai? Como foi esta semana?
-
Falastes moito en galego?
-
E ti, aprendiches algunha palabra riquiña?
-
Notades que falastes máis galego dende que comezastes cos 21 Días co galego e +?
-
E ti, cóntanos. Cando o falas? E cando non o falas?
-
Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito especial para ti para falalo máis.
-
E, se xa o falas, tes que pensar a quen vas axudar a falar máis ou mellor.
-
E non esquezas levar o galego para a casa, que non lle gusta quedar soíño na escola a fin de semana.
Lembra: Todos podemos falar!
E agora imos visitar o noso xabarín máis querido. (preme na imaxe)
Para Pequerrech@s – Bibopalula (preme na imaxe)
Para Cativ@s – Picariños (preme na imaxe)
Para Mociñ@s – Shinchan (preme na imaxe)
E, como non pode ser doutro xeito, rematamos a semana cantando e bailando!
Boa fin de semana e non esquezas visitar o blog tamén o sábado e o domingo coa túa familia para pasalo ben cos xogos que nos traen os dez colexios dos 21 Días co galego e + desta edición.





