DÍA 10 – CONSUMO RESPONSABLE

A rapazada do CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha está preocupada polos recursos do noso planeta, por iso queremos poñer o noso graíño de area e axudar a concienciar outros nenos e nenas para un consumo responsable: somos o futuro e cómpre tomar acción!!!

Neste vídeo reflectiremos situacións do día a día e daremos algúns consellos para mellorar os hábitos de consumo.  

 

FALAMOS

  • Sentídesvos identificados con algunha escena do vídeo?

  • Poñedes en práctica algún dos consellos propostos?

  • Todos necesitamos cousas ao longo das nosas vidas, algunhas son inmateriais e outras son materiais. Elaborade unha listaxe de dez cousas que consideredes indispensables nas vosas vidas. Compartide as listas cos compañeiros e compañeiras. Coincidides?

  • Logo dunha posta en común na clase redactade un compromiso coas accións que ides implementar para un consumo responsable.

Lembrade que un gran non fai celeiro pero axuda ao compañeiro!

CANTAMOS E BAILAMOS

Hoxe imos cantar co Digochiño “De maior quero ser ecoloxista”.

 

Facede agora entre toda a clase unha listaxe de cousas para coidar do planeta.

 

Para os maiores traemos o tema do caimán do Río Tea titulado “Estou na Lavadora”.

 

Etiquetas