BENVIDAS E BENVIDOS AOS 21 DÍAS CO GALEGO E + 2026

BENVIDAS E BENVIDOS AOS 21 DÍAS CO GALEGO E + 2026!

Dámosvos a benvida á oitava edición dos 21 Días co Galego e +, un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten coa lingua galega e co resto de idiomas que coñece porque en nós está o principio da nosa universalidade.

Estes son os dez centros protagonistas da presente edición:

Cabo deles viaxaremos durante 21 días a través de moitas actividades divertidas para achegarte a toda unha vida enteira en galego.

Hoxe estamos de festa nestes dez centros educativos, convidámoste a comezar con nós cantando e bailando “AI! HO! GALEGO! Camiño da Fala”, a canción de Cholo e Nela que se ten convertido no noso himno.

Clica na imaxe para ver o vídeo.

 

FESTA E QUE MEDRE A LINGUA!