DÍA 7 – REFLEXIÓN E DIVERSIÓN!

Chegamos ao venres da primeira semana e imos aproveitar este día para reflexionar e tamén pasalo ben porque sabemos que moitos de vós hoxe quedastes na casa polo mal tempo.

Analizamos como nos vai

  • Ola, como vos vai? Como foi esta semana?

  • Falastes moito en galego?

  • E ti, aprendiches algunha palabra riquiña?

  • Notades que falastes máis galego dende que comezastes cos 21 Días co galego e +?

  • E ti, cóntanos. Cando o falas? E cando non o falas?

  • Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito especial para ti para falalo máis.

  • E, se xa o falas, tes que pensar a quen vas axudar a falar máis ou mellor.

    E non esquezas levar o galego para a casa, que non lle gusta quedar soíño na escola a fin de semana.

Lembra:

Todos podemos falar e ti tes unha cita co galego!

Pois neste día de mal tempo o mellor que podemos facer é visitar a Digochiño que nos vai falar das palabras do tempo.

(Clica na imaxe para ir á páxina do vídeo)

 

 

 

Que gustiño poder quedar na casa entre as mantas mentres fóra cae a neve, ou sopra o vento frío!

E se á mantiña lle pos unha boa serie de debuxos animados en galego?

Traémosche unha selección de debuxos que podes ver de balde na plataforma xabarin.gal

(Clica na imaxe para ir á páxina do Xabarín)

 

En xabarin.gal podes ademais buscar o que queres ver por idades. Vai á páxina e clica na sección que sexa para a túa idade e xa verás como atopas contidos moi chulos para ti.


 

 

E se queres ver moita neve, escribe no buscador algún dos seguintes títulos.

 

E rematamos o día cantando unha canción de Sonoro Maxín con moito, moito amor.