DÍA 18 – A FORZA DA NOSA VOZ
Hoxe chéganos o vídeo do CPR Plurilingüe Amor de Dios de Vigo no que se nos fala da importancia que ten a nosa voz na vida da nosa lingua.
FALAMOS
Agora imos falar un pouco. Contádenos….
• Para educación infantil…
-
Que din os nenos de infantil do vídeo que lles gusta facer?
-
E a vós, que vos gusta facer en galego?
• Para o alumnado de 1º ciclo de educación primaria…
-
Que din os nenos de infantil do vídeo que lles gusta facer?
-
E que din os de primaria?
-
Que é o galego para ti?
-
A ti que che gusta facer en galego?
• Para o alumnado de 2º ciclo de educación primaria…
-
E que din os de primaria?
-
Que é o galego para ti?
-
O vídeo de hoxe quere incidir na importancia que ten que cada un de nós fale en galego. Que cres que podes facer ti polo galego?
-
Que sabes do Día das Letras Galegas? Sabes a quen se lle dedicou a primeira vez? Como o celebrades no voso cole?
-
Que sabes de Begoña Caamaño?
• Para o alumnado de 3º ciclo de educación primaria…
-
O vídeo de hoxe quere incidir na importancia que ten que cada un de nós fale en galego. Que cres que podes facer ti polo galego?
-
Que sabes do Día das Letras Galegas? Sabes a quen se lle dedicou a primeira vez? Como o celebrades no voso cole?
-
Que sabes de Begoña Caamaño?
BAILAMOS E CANTAMOS
Nas escolas e instituto de Ames están a facer este mes un proxecto moi bonito para falar en galego chamado Modo Galego Actívao. Hoxe sumámonos a eles cantando e bailando o Baile ModoGalego das Maianas, un grupo de cantareiras de Ames, para que ti tamén actives o Modo Galego e sexa a nosa lingua a que saia pola túa bonita boca.
Debaixo do vídeo, tes a letra.

