DÍA 21 – CELEBRAMOS A LINGUA!
Chegamos ao final dos 21 Días co galego e + e hoxe dedicamos o blog ás despedidas que nos envían os centros participantes.
OS 21 DÍAS CO GALEGO E + NO GALICIA X DIANTE DA RADIO GALEGA
Como? Que houbo algún día que perdiches de escoitar os 21 Días co galego e + no Galicia x Diante
Pois hoxe estamos aquí para remedialo, premendo na imaxe poderás acceder á plataforma AGalega Audio onde atoparás as intervencións de todos os coles que este ano participastes nos 21 Días e tamén doutras edicións.

E queremos agradecerlle á toda a xente do Galicia x Diante a boa acollida que nos deron no seu programa ao longo desta experiencia.

