Hoxe volvemos ás terras ourensás da man do IES As Lagoas. Vexamos a presentación deste centro educativo: Como estamos no 2020, dende este instituto decidiron falarnos precisamente do Centenario da revista Nós, tan vinculada á súa terra. Ademais deste contido, tamén nos ofrecen unha tarefa sobre a revista Nós para facer de xeito voluntario. Velaí ...
Hoxe achegámonos ao IES Ánxel Fole de Lugo. Este centro da capital lucense envíanos un videopoema titulado INDIGNIDADE que une literatura e reivindicación.
Hoxe o noso protagonista é o IES Blanco Amor. Vexamos a súa presentación: O alumnado deste instituto vainos guiar por un interesante percorrido polas rúas do Ourense máis ilustrado.
Hoxe presentámosvos o 3.º reto destes 21 días co galego e +. Esta semana ides ter que crear un vídeo que estea relacionado coa música ou con outras artes. Son moitas as producións que podedes realizar nesta terceira semana. Dámosvos algunhas ideas: – Facer a versión dunha canción popular con pictogramas que axude a aumentar ...
Este segundo domingo vai estar protagonizado polas propostas ás familias do IES Afonso X O Sabio de Cambre e do IES Ánxel Fole de Lugo. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia coas vosas fillas e fillos, tamén o fixésedes connosco a través das nosas redes sociais. Convidámosvos ao seguinte: Observade o vídeo. Seguide ...
Este sábado vimos con dúas propostas de actividades para realizar en familia do IES de Poio e do IES As Lagoas de Ourense. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia coas vosas fillas e fillos, tamén o fixésedes connosco a través das nosas redes sociais. Convidámosvos ao seguinte: Observade o vídeo. Seguide a proposta. ...
Este venres imos coñecer o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. O alumnado deste IES de Tomiño vainos ensinar a colocar a lingua. Que non o credes? Mirade o vídeo e aprendede. Se queres saber como se pronuncia unha palabra, podes consultar o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega. ...
Parabéns! Seguro que es das persoas que está avanzando moito no seu uso do galego. Hoxe terás dúas misións: realizar a túa 2.ª reflexión e cubrir a enquisa sociolingüística de uso da lingua galega no teu centro de ensino. 2.ª Reflexión Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. – Como vai ...
Como ides esta semana? Hoxe toca coñecer a comunidade educativa do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña. Véñennos falar da diversidade lingüística no mundo, unha diversidade que exemplifican tamén con algúns membros do seu alumnado. E vós que pensades da diversidade lingüística? Que vantaxes lle atopades fronte ao monolingüismo?