Día 15 – Reto 3

Hoxe presentámosvos o 3.º reto destes 21 días co galego e +. Esta semana ides ter que crear un vídeo que estea relacionado coa música ou con outras artes. Son moitas as producións que podedes realizar nesta terceira semana. Dámosvos algunhas ideas: – Facer a versión dunha canción popular con pictogramas que axude a aumentar ...

Día 8 – Reto 2

Como vos foi co Reto 1? Polo que sabemos andades a facer vídeos moi interesantes e divertidos. Para esta segunda semana o voso reto será facer un vídeo en grupo que estea relacionado coa lingua (sobre a vosa variante dialectal, sobre un tema sociolingüístico, sobre a toponimia da vosa zona, etc.), coa literatura (unha recomendación ...

Día 6 – De comercios co IES de Vilalonga

Chega a fin de semana e gustaríanos que vós, as familias, tamén formásedes parte deste ilusionante proxecto que son os 21 días co galego e +. Para isto traémosvos neste sábado unha proposta de análise sociolingüística do IES de Vilalonga para observardes o comportamento lingüístico do comercio. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia ...

Día 2 – Reto 1

Como ides? Gustouvos a inauguración dos 21 Días co Galego e + de onte? Ao longo destas semanas ides ter que superar varios retos creativos para os que teredes que usar moito a lingua para falar. Para superardes cada un debedes traballar de forma colaborativa elaborando un vídeo entre un grupo de compañeiras e compañeiros ...