DÍA 4 – YouTube e Twitch en galego

O CENTRO

O centro protagonista de hoxe é o CPI de Atios de Valdoviño que decidiu especializarse no mundo das redes, e máis concretamente en YouTube e Twitch. Imos ver que nos contan.

Hoxe YouTube pasou a formar parte das nosas vidas e, dun xeito natural, unha parte importante da poboación, á hora de procurar calquera tipo de contido, acode directamente a esta rede social na que tamén hai tendencias. Deixámosche aquí un exemplo coa lista dos 50 de Youtube de Fran da Lobeira.

Tamén poderás coñecer unha boa parte da comunidade youtubeira na páxina de Youtubeiras. Unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, das tres universidades galegas e da deputación coruñesa.

Na páxina Twitch en galego poderás atopar a ligazón ás canles desta rede social na nosa lingua que se anotaron na páxina.

Se o que desexas é saber o que se publica nestas redes ao momento, podes seguir as contas @Galegotube e @GalegoTwitch en Twitter.

 

#DÍGOCHOEU

E algo imprescindible para utilizar estas redes é gravar. Vexamos que nos ten que dicir Esther Estévez nesesentido.