DÍA 5 – A EMIGRACIÓN
Ola a todas! Somos o CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas e estamos felices de compartir con vós estes 21 Días co galego e +.
En todas as familias, se escoitamos os nosos maiores teñen mil historias que contarnos sobre a emigración. E na escola sempre hai alguén con bisavós, avoas, tíos etc. que viaxaron alén do mar na procura de traballo. Algúns aínda seguen aló e veñen de visita cada ano. E aquí, en Ponte Caldelas, temos ademais moitas evidencias diso nas nosas festas, no nomes das rúas, na arquitectura e mesmo na gastronomía.
Deixámosvos aquí o vídeo que fixemos sobre este tema e podemos asegurarvos que o pasamos xenial percorrendo as rúas da nosa vila. Agardamos que vós tamén o gocedes!
FALAMOS
– E vós, por que pensades que as persoas emigran a outros países?
– Tedes familiares que emigraron?
– A que países o fixeron?
– Por que credes que as casas son diferentes nuns países ou noutros?
– Que materiais de construción se usan en Galicia?
– Na túa vila hai festas adicadas á emigración?
– Ponte Caldelas ten un río cunhas cores moi verdosas? Lembras como se chama?
– De que escritor galego, autor de Sempre en Galiza, falan no vídeo? Sabes por que se lle dedicou o ano 2025?
PARA AS CRIANZAS MÁIS MIUDIÑAS
Traémosvos dúas cancións para que as usedes nas asembleas.
A primeira, de Mamá Cabra, é para aprender os días da semana en galego.
A segunda, de Magín Blanco, é para coñecerdes os meses e as estacions.
XOGAMOS
Encántanos xogar no patio a xogos populares, estes días andamos buscando cantinelas para botar as sortes. Aquí vos deixamos a páxina Brincadeiras da Lingua de Migallas, onde atoparedes algunhas ben chulas.
CANTAMOS E BAILAMOS
Falando de emigración, hai unha palabra moi fermosa e única, coa que nos agasalla a nosa lingua: MORRIÑA. Ese sentimento de nostalxia de quen está lonxe do fogar. Esta palabra é o título desta canción de Baiuca que vos deixamos para que non deixedes de bailar!

