DÍAS 8 E 9 – XOGAMOS EN FAMILIA E COAS AMIZADES (Educación Infantil)

Ola familias con nenas e nenos de Educación Infantil, aquí tedes as propostas para xogardes na casa esta segunda fin de semana dos 21 Días co galego e +. Hoxe traémosvos refráns, adiviñas, léxico dialectal debuxado e baile co tema “Esto báilase así” de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Foron realizadas por rapazas e rapaces deste nivel educativo do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, do CEIP Plurilingüe de Sequelo, do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas e do Colexio La Grande Obra de Atocha da Coruña.

Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben xogando en galego!