DÍA 5 – OS OFICIOS TRADICIONAIS
Ola! Somos o CEIP A Ponte de Ourense. No noso centro andamos a estudar os oficios como mostra da nosa riqueza cultural.
FALAMOS
E vós no voso colexio que oficios tradicionais coñecedes?
Que investigades?
Gustaríache aprender algún destes oficios?
Coñecedes alguén que traballe nestes oficios?
• Para os máis cativos…
Aquí no noso cole os máis pequenos queren coñecer os oficios, as palabras e instrumentos que se empregaban antes.
E vós no voso colexio que oficios tradicionais coñecedes?
Con que se corta o polbo? Que lle botamos ao polbo para que nos guste máis?
Sabedes que o afiador tocaba un instrumento musical? Cal era? Para que o tocaba? Que lles pedían afiar?
• Para o alumnado de 1º curso de educación primaria…
Que ricas as castañas !!!!!!!!….. A ti, como che gusta comelas?
Cal é a festa máis bonita das castañas?
Aquí no noso cole as nenas e nenos de 1º de primaria encárganse da “ castañeira”. Buscamos información sobre o San Martiño, festa en Ourense e recompilamos refráns e cantigas sobre as castañas.
De onde saen as castañas…?
E vós no voso colexio que oficios tradicionais coñecedes?
Gustaríache aprender algún destes oficios? Cal deles?
• Para o alumnado de 2º curso de educación primaria…
E vós no voso colexio que oficios tradicionais coñecedes?
Gustaríache aprender algún destes oficios?
Coñecedes alguén que traballe nestes oficios?
Aquí no noso cole as nenas e nenos de 2º de primaria andamos a investigar sobre os oleiros. Imos situar nun
mapa de Galicia os lugares onde houbo tradición oleira e aqueles obradoiros que chegaron aos nosos días.
Faremos unha listaxe dos materiais que se empregan na elaboración das diferentes pezas artesanais.
E ti, sabes o que é unha ola?
• Para o alumnado de 2º ciclo de educación primaria…
E vós no voso colexio que oficios tradicionais coñecedes?
Que investigades?
Gustaríache aprender algún destes oficios?
Coñecedes alguén que traballe nestes oficios?
Aquí no noso cole as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria andamos aprendendo todos de todos sobre o que eran estes oficios tradicionais.
Coñecedes o que son os oficios tradicionais? Sabedes dalgún?
Por que o polbo é tan famoso en Galicia? En que festas podemos ver as polbeiras?
Como era que o afíador andaba polas vilas e as aldeas? Por que era tan importante o seu traballo?
E coñecedes as ferramentas que se usaban antigamente?
• Para o alumnado de 3º ciclo de educación primaria…
E vós no voso colexio que oficios tradicionais coñecedes?
Que investigades?
Gustaríache aprender algún destes oficios?
Coñecedes alguén que traballe nestes oficios?
Aquí no noso cole o alumnado de 5º investiga sobre as polbeiras…. Que segredos descubrirán? Será unha viaxe chea de historia, cultura e sabor…
Apúntaste?
Se queredes saber cousas sobre os afiadores e as castañeiras? Non vos perdades o Podcast : “o eco dos oficios: entre rodas e castañas” que os nen@s de sexto vos están preparando para máis adiante.
BAILAMOS E CANTAMOS
E agora imos todos e todas a cantar e bailar….
A primeira proposta é unha cantiga dun grupo galego que nos gusta moito no noso cole….
“Os oficios” de Uxía Lambona e a Banda Molona.
A segunda proposta é unha cantiga do grupo Luar na Lubre , “Canción da noite do afiador”.
