DÍA 12 – A HORTA DO ISIDRO

Ola, somos o alumnado do colexio Isidro Parga Pondal  e estamos aquí para falar da produción sostible e o consumo responsable.

Seguro que coñecedes a xente que ten horta e traballa nela.

Coma nós tamén a traballamos, gustaríanos  presentarvos “A horta do Isidro”, un espazo onde desfrutamos plantando froitas e verduras respectando a natureza de xeito sostible.

Queredes coñecela?

 

 

FALAMOS

 

• Para educación infantil…

     Como vedes, na nosa horta temos moitas froitas e verduras.

     – Vós tedes horta no cole?

     – Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela?

     – Cales son as que máis vos gustan a cada un?

     – Sabedes a que se lle chaman froitas de tempada?

• Para o alumnado de 1º ciclo de educación primaria…

     – Vós tedes horta no cole?

     – Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela?

     – Unha vez explicamos o que é a compostaxe, que restos podemos meter no composteiro ?

     – Pensades que o composteiro cheira ben ou mal?

 

• Para o alumnado de 2º ciclo de educación primaria…

     Vedes que tamén separamos os residuos orgánicos dos inorgánicos.

     – Vós tedes horta no cole?

     – Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela?

     – Por que é importante separar os residuos?

     – Na vosa casa separades os residuos?

     – Como podemos reducir o desperdicio de comida na casa ou na escola?

 

• Para o alumnado de 3º ciclo de educación primaria…

     – Vós tedes horta no cole?

     – Coñecedes a alguén que teña horta? Que fai nela? Traballastes algunha vez nunha horta? Gustouvos?

     – Desde o Isidro estamos a mellorar o que consumimos no día a día fomentando unha alimentación saudable.

     – Que hábitos de consumo credes que deberiamos cambiar para ser máis sostibles?

     – Que aprendestes no vídeo que vos gustaría ensinarlles a outras persoas?

 

BAILAMOS E CANTAMOS

E agora imos todos e todas cantar e bailar….

Para rematar cantando hoxe imos tomar con Pakolas un “Caldo de repolo” da horta ben marchoso!