DÍA 19 – O CINE

Ola, somos os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Os Tilos que está no concello de Teo na provincia da Coruña. Fixemos este vídeo para vos contar como era o cine antes e como é agora. O vídeo é o resultado dun traballo no colexio sobre a historia do cine. Coñecemos o cine mudo, o paso ao son e á cor e aprendemos xogando representando pequenas escenas usando o corpo cos xestos e coa imaxinación.

Esperamos que vos gustase o noso vídeo e que vos gusten tamén as propostas que vos traemos.

 

FALAMOS

 

• Para educación infantil…

  • A vós gústanvos as películas?

  • Traémosvos adiviñas de personaxes de películas, a ver se acertades. Clicade na imaxe para ver o vídeo.

  • Agora podedes facer vós as vosas.

 

• Para 1º e 2º ciclo de primaria…

  • Fuches algunha vez ao cine? Que película fuches ver?

  • Gústache o cine?

  • Prefires o cine ou a televisión? Por que?

  • Agora convidámosvos a que, despois de ver o vídeo, vós tamén contedes cal é a vosa película favorita.

 

• Para 3º ciclo de primaria…

O proxecto Unha escola de película fala da historia do cine. Saberías responder estas preguntas sobre a historia do cine?

1. Quen inventou o cine?

☐ Os irmáns Lumière

☐ Charles Chaplin

☐ Walt Disney

2. No vídeo tamén falamos de como eran as primeiras películas. Elixide a opción correcta:

☐ Tiñan cor e son

☐ Eran en branco e negro e sen son

☐ Eran de debuxos animados

3. O cine que non tiña son, lembrades como se chamaba?

☐ Cine moderno

☐ Cine mudo

☐ Cine dixital

4. Segundo se explica no vídeo, que cambiou cando chegou o cine sonoro?

☐ As películas fixéronse máis curtas

☐ Empezáronse a escoitar voces e música

☐ Deixaron de usarse cámaras

5. No vídeo menciónase cal é a característica do cine actual, sabedes cal é?

☐ Non ter efectos especiais

☐ Usar tecnoloxía dixital, son e cor

☐ Ser sempre en branco e negro

6. Segundo o vídeo, que diferenzas atopades entre o cine de antes e o cine moderno?

7. Seguro que coñecedes un montón de películas, a ver se sodes capaces de lembrar:

  • Unha peli de aventuras

  • Unha comedia, que é unha peli que fai rir

  • Unha peli de medo

  • Unha peli de superheroes ou superheroínas

8. No proxecto facemos alusión ao audiovisual galego, coñecedes o nome dalgúns actores ou actrices galegos?

9. Como sabedes, o cine é importante para a cultura e o entretemento. No vídeo mencionamos o nome duns galardóns do cine e da televisión. Lembrades cales son eses premios?

10. Para rematar queremos facervos unhas últimas preguntas sobre o noso vídeo:

  • Gustouvos?

  • Que parte vos gustou máis?

  • Fíxovos rir algunha escena?

  • Que emocións vistes no noso vídeo?

  • Que cara puxemos cando estabamos tristes ou contentos?

SECUESTRO DE CINE

Esther e Digochiño tamén saben moito de cine mudo, mirade a ver que lles pasou.

 

XOGAMOS

E para seguir pasándoo ben convidámosvos a xogar ao noso pasaGalego para ver canto sabedes de cine.

 

Etiquetas