DÍA 21 – CELEBRAMOS A LINGUA!

 Chegamos ao final dos 21 Días co galego e + e hoxe dedicamos o blog ás despedidas que nos envían os centros participantes.

 

OS 21 DÍAS CO GALEGO E + NO GALICIA X DIANTE DA RADIO GALEGA

Como? Que houbo algún día que perdiches de escoitar os 21 Días co galego e + no Galicia x Diante

Pois hoxe estamos aquí para remedialo, premendo na imaxe poderás acceder á plataforma AGalega Audio onde atoparás as intervencións de todos os coles que este ano participastes nos 21 Días e tamén doutras edicións.

E queremos agradecerlle á toda a xente do Galicia x Diante a boa acollida que nos deron no seu programa ao longo desta experiencia.


 

BAILAMOS E CANTAMOS

E agora imos todos e todas despedir a VIII edición de 21 Días co galego e + cun tema moi especial que o alumnado do CEIP Irmáns Villar de Ourense elaborou para os 21 Días co galego e + titulado “Quero brillar coma ti”.

E nunca esquezas que…

TES UNHA CITA CO GALEGO

E O GALEGO TEN UNHA CITA CONTIGO!