Presentación
21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.
Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.
O programa ten chegado a alumnado de infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se comprometeu co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino dentro das súas posibilidades por idade.
Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.
Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.
En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.
Ano a ano medra tanto o número de centros como o de participantes, que xa superan os 30.000, na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.
1ª edición 2019 (4 centros educativos con 1.411 participantes)
En 2019 a SXPL quixo dar un paso máis con esta experiencia e exportou a iniciativa a outros centros educativos. Para isto puxo en marcha, de forma experimental mais con intención de lle dar continuidade, o programa 21 días co galego e + en catro institutos galegos, un en cada provincia:
-
IES Antón Alonso Ríos (Tomiño)
-
IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos)
-
IES Otero Pedrayo (Ourense)
-
IES Pontepedriña (Santiago de Compostela)
2ª edición 2020 (10 centros educativos con 4.242 participantes)
En 2020, o programa segue medrando para chegar a 10 centros educativos de toda Galicia:
-
CPR Fogar de Santa Margarida (A Coruña)
-
IES Afonso X O Sabio (Cambre)
-
IES Antón Alonso Ríos (Tomiño)
-
IES Ánxel Fole (Lugo)
-
IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela)
-
IES As Lagoas (Ourense)
-
IES de Poio (Poio, Pontevedra)
-
IES de Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra)
-
IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
-
IES Illa de Ons (Bueu)
3ª edición 2021 (10 centros educativos con 3.738 participantes)
En 2021, malia a pandemia, mantívose o programa con 10 novos centros:
-
CPR Plurilingüe María Inmaculada (Lugo)
-
IES As Mariñas (Betanzos)
-
IES de Carral (Carral)
-
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
-
IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras)
-
IES Perdouro (Burela)
-
IES Ramón Cabanillas (Cambados)
-
IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
-
IES Santa Irene (Vigo)
-
IES Taboada Chivite (Verín)
4ª edición 2022 (12 centros con 3.845 participantes)
En 2022 o programa amplíase ata os 12 centros:
-
CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)
-
CPI de Atios (Valdoviño)
-
CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)
-
CPI Virxe da Saleta (Cea)
-
CPR Plurilingüe Concepción Arenal (Ourense)
-
CPR Plurilingüe Esclavas Sagrado Corazón de Jesús (A Coruña)
-
IES David Buján (Cambre)
-
IES Lucus Augusti (Lugo)
-
IES de Barro (Barro)
-
IES de Meaño (Meaño)
-
IES Monte Castelo (Burela)
-
IES Valadares (Vigo)
5ª edición 2023 (12 centros con 4.564 participantes)
En 2023 mantense o número de 12 centros e consólidase a participación en primaria, secundaria e bacharelato. Os participantes son:
-
CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis)
-
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán)
-
CPI Virxe da Cela (Monfero)
-
CPR Divino Maestro (Santiago de Compostela)
-
CPR Sagrado Corazón (Ribadeo)
-
IES A Basella (Vilanova de Arousa)
-
IES Rafael Dieste, A Coruña)
-
IES de Melide (Melide)
-
IES María Sarmiento (Viveiro)
-
IES Número 1 (O Carballiño)
6ª edición 2024 (4.587 participantes)
En 2024 modifícase o programa para centrarse nunha edición dirixida a dez centros educativos públicos de primaria con participación tamén de alumnado de educación infantil na edición con maior número de participantes ata o momento.
-
CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)
-
CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela)
-
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo)
-
CEIP Plurilingüe de Nadela (Lugo)
-
CEIP Frei Luís de Granada (Sarria)
-
CEIP O Couto (Ourense)
-
CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras)
-
CEP Campolongo (Pontevedra)
-
CEIP Plurilingüe García Barbón (Vigo)
-
CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo)
7ª edición 2025 (4.012 participantes)
En 2025 o programa diríxese por segunda vez a dez colexios de educación infantil e primaria. Increméntase a dotación do programa coa inclusión de tres actividades en directo para cada un dos centros participantes: un obradoiro de regueifa, unha sesión de contacontos e un concerto.
-
CEIP Albeiros (Lugo)
-
CEIP Emilio González López (Cambre)
-
CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos)
-
CEIP Illa Verde (Lugo)
-
CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas)
-
CEIP Manuel Respino (A Rúa)
-
CEIP Plurilingüe de Sequelo (Marín)
-
CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín)
-
CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas (O Barco de Valdeorras)
-
CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha (A Coruña)
8ª edición 2026 (3.700 participantes)
En 2026 o programa diríxese por terceira vez a dez colexios de educación infantil e primaria. Mantense a dotación do programa dde tres actividades en directo para cada un dos centros participantes: un obradoiro de regueifa, unha sesión de contacontos e un concerto.
-
CEIP A Ponte (Lugo)
-
CEIP A Ponte de Ourense
-
CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra)
-
CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña)
-
CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros (Lugo)
-
CEIP Plurilingüe Irmáns Villar (Ourense)
-
CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal (Oleiros)
-
CEIP Plurilingüe Os Tilos (Teo)
-
CEIP Plurilingüe Ría de Vigo (Oia)
-
CPR Plurilingüe Amor de Dios (Vigo)

