(Galego) Os retos e as oportunidades da Intelixencia Artificial (IA)

Os retos e as oportunidade da Intelixencia Artifical (IA) na educación

A intelixencia artificial é a intelixencia desenvolta polas máquinas formadas por unha combinación de algoritmos que permitan a esa máquina amosar unhas capacidades similares aos humanos. Pode parecer que é unha tecnoloxía moi futurista, moi técnica e afastada da educación pero que agora mesmo está moi presente nas nosas vidas e poden enriquecer a nosa profesión no eido docente.
Stuart Russell e Peter Norvig, investigadores expertos en este tipo de tecnoloxías fan unha clasificación da intelixencia artificial en 4 grandes grupos:
1.Sistemas que pensan como humanos. Son as redes neuronais artificiais que son capaces de automatizar actividades. Un exemplo sería realizar de xeito automático a resolución de problemas e propostas de aprendizaxe.
2.Sistemas que actúan como humanos. Os ordenadores e os robots poden simular tarefas desenvoltas polos humanos.
3.Sistemas que pensan racionalmente. A máquina emula o pensamento lóxico sendo moi interesante ter a posibilidade de percibir estímulos e actuar posteriormente.
4.Sistemas que actúan racionalmente. Os axentes intelixentes tentan simular un comportamento das persoas e actuar coma eles.

As tecnoloxías relacionadas coa IA poden axudar no eido educativo abrindo novas oportunidades empregando datos para a evolución do sistema tanto na calidade deste sistema coma na promoción real da igualdade de xénero, todo isto dentro dos plans de estudo enfocados á mellora dos resultados de aprendizaxe.
Noutro eixo temos os desafíos e as repercusións ao introducir a IA na educación incluíndo a preparación dos docentes e dos estudantes:

1.Desenvolver unha visión integral das políticas públicas en materia de IA ao servizo do desenvolvemento sostible: cómpre un traballo conxunto das políticas públicas focalizando a súa mirada na creación dun ecosistema IA no plano nacional e internacional ao servizo do desenvolvemento sostible.
2.Garantir a utilización equitativa e inclusiva da IA na educación: as carencias tecnolóxicas básicas deben ser superadas para crear as condicións mínimas que permitan aplicar novas estratexias para sacar proveito da IA con miras a mellorar a aprendizaxe.
3.Preparar aos docentes para unha educación dirixida pola IA: onde sexan quen de adquirir novas capacidades dixitais usando a IA de forma didáctica e pertinente nas contornas educativas e tamén priorizar e automatizar a xestión educativa.
4.Reforzar as investigacións sobre a IA na educación: implicando aos axentes educativos nos centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato, fp, idiomas etc.) conectando coa estrutura da universidade e a empresa.
5.Tomar en consideración as cuestións éticas e de transparencia na recompilación, a utilización e a difusión dos datos: sobre todo no relativo ao acceso ao sistema educativo, as recomendacións individuais para o alumnado e o tratamento, a custodia e a confidencilidade dos datos persois.

Bibliografia recomendada.
https://es.unesco.org/themes/tic-educacion/inteligencia-artificial
https://es.unesco.org/mlw
https://es.unesco.org/mlw/2019
https://www.cin.ufpe.br/~tfl2/artificial-intelligence-modern-approach.9780131038059.25368.pdf
https://es.unesco.org/news/retos-y-posibilidades-inteligencia-artificial-educacion