Patrimonio arquitectónico- CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas)
Ola a todos/as,
O noso proxecto sobre a riqueza patrimonial da comarca de Castro Caldelas quedou reducido a este pequeno documental sobre o patrimonio arquitectónico moderno na vila de Castro Caldelas (uso da galería corrida mailo esgrafiado) e o patrimonio medieval oculto, relacionado co uso dos muíños fluviais.
No futuro, temos a confianza de que retomaremos aqueles proxectos que quedaron detidos pola situación vivida nestes meses de 2020.
Saúdos dende o CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas)