Saímos na prensa!
Boa días camiñantes!!
Hoxe compartimos con vós novas do periódico da comarca do Salnés, e non é para menos!!! O noso cole, o CEE de Vilagarcía de Arousa, tivo no día de onte unhas xornadas de portas abertas. A prensa quixo vir a cubrir esta noticia e tomaron nota dos diferentes servizos que o colexio ofrece ao alumnado ( fisioterapeuta, comedor, auxiliar de enfermeiría…)
Pero cal foi a nosa sorpresa! Cando visitaron o lugar onde temos montado o noso “taller de traballo” de Educación Patrimonial, interesáronse moito por saber que estabamos a facer. Tanto lle gustou que decidiron incluilo dentro da reportaxe!!!
Aquí vos deixamos o enlace ao diario dixital e tamén unhas fotiños da prensa escrita para que fagades un pouquiño a boca auga.
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/04/18/cole-especial-corazon-vilagarcia/1874872.html

