Explorando a arte urbana da nosa contorna
Aínda que o arte urbano xurdiu hai varias décadas, o seu recoñecemento aumentou nos últimos anos e a forma en que o percibimos foi variando. No caso concreto da contorna do noso centro (IES de Fene), o Perla Mural Fest naceu como homenaxe ao desaparecido cine de Perlío no ano 2023 pero agora expándese por outras áreas do concello. Ademais, en Ferrol temos as xa máis que coñecidas Meninas no barrio de Canido, outro movemento de arte urbano que naceu no ano 2008 para pintar as paredes máis ruinosas dos edificios en decadencia e ocultar con cores o abandono.
Dada a proximidade destes dous movementos de arte urbano ao noso centro, xurdiu a idea deste proxecto. Este proxecto persegue poñer en valor o patrimonio material, o arte urbano, e o patrimonio inmaterial (as distintas linguas) e que sexa o alumnado o que vaia descubrindo como o arte urbano é, en moitos casos, un nexo entre países. Así, comezamos a presentarnos nun Padlet en tres linguas diferentes (inglés, francés e italiano) e o alumnado presentou diferentes diseños de logos para representar o proxecto.
Botade unha ollada ao Padlet:
Os tres logos gañadores no IES de Fene


