Tour dos murais de Fene
O pasado 20 de febreiro, o alumnado de 3º ESO e o alumnado de Ed. Plástica e Visual de 4º da ESO do IES de Fene saíron do centro para visitar os murais de Fene, acompañados por profesorado de diferentes departamentos.
Pedro (o profesor de Educación Física) indicoulles que buscasen “marcadores” nos que atoparían pistas para responder a unha serie de preguntas en papel. Esta actividade realizouse en grupos.
Unha vez formados os grupos, puxémonos en marcha a pé desde o instituto, o que tamén supuxo unha boa dose de exercicio físico. Ao mesmo tempo, Luisa (a profesora de Plástica) pediulles que observasen a contorna para identificar formas e liñas estudadas na aula que tamén podían atopar na natureza.
Diana e Sonia (as profesoras de Inglés e Francés) encargáronlles preparar unha pequena presentación sobre os murais, que compartirán co seu alumnado homólogo dos países socios do proxecto eTwinning sobre o arte urbano.
O paseo durou arredor de dúas horas, e regresamos ao instituto bastante cansos, pero todas e todos o pasamos xenial. Foi unha actividade diferente e divertida. Grazas a todas e todos polo voso esforzo!
STREET ART IES DE FENE. Carrera de orientación (1)