Un para todos e todos para un!
Que puco falta para que esto remate e cantas cousas aínda por compartir con vós!!!
Hoxe queremos amosarvos algunhas das sorpresas que nos foron dando ao longo do curso compañeiros e familias. Porque se nós fomos os que máis aprendemos, non menos o fixeron a xente que nos rodeou e nos sentimos moi orgullosos de termos chegado a todos eles.
Mirade como os máis peques do cole nos animaron a mitade de curso…

Este traballo é súper bonito e nos emocinou a todos os que formamos parte do equipo do Camiño, posto que os alumnos máis pequenos do noso cole traballan no proxecto #experimentArte e unha das súas grandes obras nola adicaron para que continuaramos con forza a nosa búsqueda de patrimonio. Dende aquí lle queremos dar a nosa noraboa pola mención honorífica que recibiron nos premios de innovación educativa.
MOI MERECIDO COMPIS!!!!!!!
E como no noso cole o traballo e coordinación coas familias necesitamos que sexa o máis intenso posible, procuramos facelos partícipes de todo o que dentro das aulas acontece. O que nos enche de orgullo é que viceversa ás veces tamén sucede, e algunhas familias están moi involucradas coas actividades do noso proxecto e colaboran buscando patrimonio cos seus fillos e fillas. Auténticos buscador@s que nos dan ánimo para contunuar con este proxecto.

E non só buscan patrimonio “in situ” se non que son moitos momentos da vida cotiá nos que se ven rodeados do noso proxecto “Mirando polo Camiño” e os nenos chegan ao cole con actividades feitas por sorpresa para nós pero que nos enche de orgullo a todos os profes que parece que andamos polo cole con zapatos novos cada día 😅

Gracias a tod@s pola colaboración que fai deste proxecto un grande proxecto. Xuntos facemos un….
….BO CAMIÑO!!!