ACTIVIDADES NOS CENTROS: O alumnado do IES Plurilingüe de Ames visitará o 3 de abril a capela de San Xoán en Pousada (Ames) e o Pazo de Antequeira en Rois

O alumnado do IES de Ames visitará a capela de San Xoán de Pousada en Ames e o Pazo de Antequeira en Rois o día 3 de abril, nunha actividade didáctica guiada polo arquitecto Juan Barcala, que dirixiu os traballos de restauración realizados en ámbolosdous edificios.

Participarán 38 alumnos e alumnas de 3 de ESO que irán acompañados de dous profesores.