A CULTURA A CARÓN DO NOSO RÍO: O SIL

07. Xuño 2025
Pechamos o Plan Proxecta deste ano, relacionado coa Educación Patrimonial e a Ribeira Sacra unindo nunha mesma saída parte do que somos. Por un lado o noso xeoparque, con Roi á cabeza e as súas explicacións sobre o que forma esta impresionante paisaxe. Por outro lado, Mar Bóveda dándolle a visión máis cultural a esta ...

Seguimos no estudo dun dos nosos produtos estrela: o mel

07. Xuño 2025
O día 12 de maio o alumnado de Educación Infantil, visitamos as instalacións de “Mel Cauru”. Alí puidemos observar o proceso de extracción do mel e o seu etiquetado. Ademais déronnos a proba e puidemos degustala. Explicáronnos a diferenza que había entre o mel ecolóxico e o que non o é, apreciamos os diferentes tipos ...

Traballamos o noso patrimonio cultural inmaterial: as cantigas

07. Xuño 2025
Durante o mes de maio traballamos arredor da tradición oral da nosa zona como parte do patrimonio. Nesta ocasión aproveitamos a visita de Celia Díaz que veu falarnos da súa nova obra “A avoa canta como a cotovía”. Unha historia que enganchou ao alumnado e que ten como protagonistas a un neno e a súa ...

O río Quiroga, na Ribeira Sacra.

02. Xuño 2025
O alumnado de 5º e 6º tamén traballaron neste caso sobre a importancia do río Quiroga, dentro doutro proxecto no que está o noso CEIP: “Me gusta mi río”. Do estudo deste afluente do Sil fixeron unha presentación sobre a vida, a auga e os seus usos, que aquí deixamos.

O proceso desde o aceite artesanal á actualidade

01. Xuño 2025
O alumnado de 5° e 6° de primaria asistiu  a unha charla- degustación sobre o aceite de Quiroga. Esta actividade levouna a cabo Marta González Casas, nai dun alumno de 6°de primaria, gran coñecedora do tema e que expuxo as calidades do aceite producido na contorna de Quiroga que o fai tan diferente e especial ...

ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS ARTESANAIS

26. Maio 2025
O 24 de maio visitounos na nosa Biblioteca, Xabier, da Fundación Legar. Esta fundación acaba de establecer un Museo no noso concello que ten como centro a “Música de Raíz”. Esa música e eses instrumentos que formaron parte da nosa cultura e da nosa maneira de entender e de relacionarno co noso entorno. Neste caso ...

ENCONTRO XEOPÍCAROS: fomentando o noso patrimonio.

22. Maio 2025
Para conmemorar a semana dos Xeoparques organizouse por parte da asociación que desenvolve o Xeoparque “Montañas do Courel”, do que formamos parte, varias actividades cos centros da contorna. Entre elas, divididos en grupos, traballamos o patrimonio a través dalgunha delas: percorrimos un tramo do Camiño de Inverno polo noso concello, asistimos a un concerto da ...

VISITA AO RECTORAL DE GUNDIVÓS

07. Maio 2025
O pasado venres o alumnado do primeiro ciclo visitou a Reitoral de Gundivós, onde Elias ensinoulles o proceso de elaboración artesanal da olaría da zona. Foi unha actividade moi interesante na que o alumnado quedou marabillado de ver como o alfareiro elaboraba as pezas no seu torno.