Actividades nos centros:”Tecendo ao redor do patrimonio cultural”. Visita dos alumnos/as do CEIP Sagrado Corazón de Lugo ao Museo Diocesano Catedralicio

Hoxe 6 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Sagrado Corazón de Lugo visitaron o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, onde Carolina Casal Chico, museóloga e conservadora do museo, desenvolveu unha actividade titulada “Tecendo ao redor do patrimonino cultural”.

Mediante o caderno que podedes ver na seguinte ligazón, Carolina contoulles aos alumnos o que é o patrimonio cultural, a relación das persoas co patrimonio, as intnstitucións encargadas de velar pola súa protección, o traballo que se fai nas “Institucións da memoria” como son os museos e os arquivos, ou os novos produtos culturais: o uso do patrimonio cultural como recurso turístico, o turismo cultural, as empresas culturais, etc.

EducacionPatrimonial_ccc_MDCL-pasquin