(Galego) ALFAIAS DA NOSA LINGUA

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

A nosa profesora de galego, Iria Fernández Moscoso, artellou co seu alumnado unha rede para a recolleita de léxico nas diferentes parroquias, que resultou ser un traballo inxente pola importancia e volume do mesmo. Aquí vos deixamos unha explicación para saber un chisco máis da actividade:

Durante a segunda e terceira avaliación, o alumnado de todos os cursos da ESO e Bacharelato estiveron traballando na compilación de léxico patrimonial da contorna, facendo recollida de palabras en risco de desaparición.
O obxectivo principal perseguido foi que o alumnado coñecera e indaguara sobre o léxico patrimonial da contorna inmediata do centro, nomeadamente dos concellos de Manzaneda, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa e A Pobra de Trives, promovendo así o uso da lingua galega e fomentando a inmersión do alumnado na sociedade e no diálogo coa veciñanza.

Para alén disto, outros obxectivos foron:

  • Fomentar entre o alumnado a utilización de ferramentas dixitais para a elaboración dunha base de datos.
  • Organizar e valorar a información obtida no proceso de aprendizaxe.
  • Coñecer, valorar e respectar o patrimonio lingüístico e cultural de Galiza e da comarca das Terras de Trives.
  • Fomentar a interacción do alumnado con persoas doutras xeracións para redescubrir o léxico da súa contorna. 
  • Favorecer a autoestima lingüística do alumnado e a concienciación sobre a urxencia de recuperar palabras en risco de desaparición.

 

Temos que dar un agradecemento especial a esta docente pola súa implicación neste Plan Proxecta e polas súas achegas. Grazas Iria! Grazas por coidar a nosa lingua que é a expresión única e favorita do noso Patrimonio.

Aquí podedes consultar a base de datos