Avanzando no camiño da posta en valor
O terceiro trimestre do curso foi un momento de moita actividade relativa a posta en valor do noso forno.

No mes de maio, dende o CPI do Toural en colaboración co Museo Etnolóxico de Ribadavia organizamos unha exposición titulada “Esgrafiados na Ribeira Sacra” para amosar ao alumnado e resto da comunidade educativa e da vila un dos posibles usos do cal no illamento térmico e decoración das vivendas. Tamén realizamos dúas videoconferencias a cargo da investigadora e divulgadora cultural Mar López Sotelo.
O último trimestre deste curso tamén foi un momento de boas novas para o proceso de recuperación do Forno, acadando un dos obxectivos deste proxecto: a restauración e posta en valor deste elemento patrimonial por parte do Concello de Vilaboa. Distintos medios recolleron esta boa nova:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/forno-da-cal-vilaboa-recuperacion-do-patrimonio-industrial-nacida-nas-aulas/202105171232591141867.html
https://www.facebook.com/1684035405208327/posts/2957371564541365/