(Galego) Barro no Camiño

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O proxecto sobre o Camiño Portugués levado a cabo no IES de Barro tiña como obxectivos principais que o alumnado fose coñecedor do patrimonio cultural a nivel local e que ó mesmo tempo difundisen toda esta información para dar a coñecer os elementos culturais mais significativos cos que conta este concello.

 

Este proxecto levouse a cabo nunha serie de pasos que podemos resumir a continuación:

  1. Elaboración da ruta que segue o Camiño Portugués no noso concello empregando a plataforma Google Maps.
  2. Elaborar unha listaxe de elementos culturais que se atopan na proximidade do Camiño.
  3. Investigar e recoller información sobre as características e a historia destes elementos.
  4. Engadir na plataforma Google Maps a localización destes elementos patrimoniais.
  5. Elaborar un mural no que se recolla esta información.

 

Para levalo a cabo precisamos da colaboración de veciños e entidades locais que nos facilitaron a información coa que contaban a través da vía oral e escrita e precisamos sintetizar e agrupar esta información para a elaboración da infografía.

 

Dada a diversidade de nacionalidades dos/das peregrinos/peregrinas que atravesan este concello pensamos que para que a nosa información sexa mais accesible deberíamos publicala en galego, castelán e inglés, e poñeremos o traballo realizado a disposición do concello por si estima apropiado publicalo a carón do Camiño e facilitar a súa difusión.

 

Deste xeito presentamos a continuación esta infografía final que sintetiza o traballo levado a cabo durante todo o curso polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º de ESO.

 

 

Etiquetas