CAMBIA A TÚA MIRADA curso 24-25

O patrimonio e a educación no patrimonio ten que ser unha prioridade a ter enconta nas escolas de toda Galicia, é valorando a contorna e o entorno patrimonial como podemos ser conscientes da súa importancia e conservación. O noso colexio xa é un marco patrimonial a ter en conta en calquera proxecto de patrimonio que teña que ver coa Ribeira Sacra e tamén co Camiño de Santiago de Inverno.
Neste curso pretendemos investigar como achegar o camiño a persoas con diversidade funcional, en concreto invidentes e autistas para que poidan coñecer e ter experiencias patrimoniais a través dun cambio de mirada.
“Non é o que vemos senón como o vemos o que pode enriquecer a nosa experiencia”.
A realidade non é a mesma para todas as persoas máis é necesario que todas as persoas poidan achegarse a unha realidade.
A idea é que alumnos de 3º e 4º de ESO realicen investigacións sobre elementos patrimoniais relacionados co Camiño de Inverno, tanto materiais coma inmateriais para poder achegar esta realidade a todo o que desexe facer o noso Camiño.
Compartimos o noso blog do proxecto onde podedes estar ao tanto das actividades que iremos realizando ao longo do curso 24/25
https://cprpadresescolapios.webnode.page/l/unconventional-artistic-decorations/