CAMIÑO PRIMITIVO

CAMIÑO PRIMITIVO
O camiño primitivo ou ruta xacobea primitiva chámaselle ao tramo
comprendido entre Oviedo e Santiago de Compostela. Esta ruta foi a primeira
coñecida, posiblemente por Alfonso II (primeiro peregrino coñecido), do
camiño de Santiago.
Todo isto comezou un día polos primeiros anos do siglo IX
cando o bispo Teodomiro lle leva a Alfonso II unha noticia de
que un ermitaño, tras ver unhas luces extrañas, descubriu o
que todos os indicios aseguran que son os restos do
apóstolo.
Ante esta noticia, o rey asturiano iniciou a primeira
peregrinación da historia a Santiago para poder velo cos
seus propios ollos e poder así levantar un templo.
De esta maneira, Oviedo é o seu punto de partida
para peregrinar á tumba do apóstolo. Gracias a que
isto se extendeu por toda Europa, nn tardaron en
crearse novas rutas. Sin embargo, esta nunca
desapareceu xa que é a orixe desta tradición.
Este traxecto consta de 13 etapas, dende Oviedo ata Santiago, pasando por
importantes territorios neste camiño como por exemplo: Salas, A Fonsagrada,
Lugo, Melide, O Pedrouzo e o fin deste tramo sería onde se encontra cos
demais (como por exemplo o francés ou o inglés) en Santiago de
Compostela.