COÑECENDO A RUTA TRASLATIO. CPI O PROGRESO DE CATOIRA

A través deste proxecto preténdese traballar co alumnado de maneira contextualizada sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado, no noso caso a ruta do mar de Arousa ou ruta da Traslatio.

A Ruta Traslatio é un fermoso percorrido espiritual que foi recentemente aprobado pola Catedral de Santiago como ruta oficial do Camiño. Simula o itinerario que fixo o corpo do apóstolo Santiago no ano 44 dende Jerusalén ata Galicia, tras ser decapitado por Herodes.

Esta ruta constitúe o único Vía Crucis marítimo do mundo. A ruta parte ao sur da ría de Arousa,  pasando por Meaño, O Grove, Cambados, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures. En Padrón o camiño fusionase co Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

 

 

No primeiro trimestre todo o alumnado do centro realizou por grupos algún tipo de mural ou colaxe relacionado co Camiño de Santiago para poder elaborar entre todos o calendario do centro (aínda en impresión, subiremos imaxes na seguinte entrada).

Agora mesmo xa estamos na seguinte fase que consiste na elaboración duns trípticos informativos tanto da Ruta Traslatio como do Concello de Catoira para poder publicitar ambos. O alumnado de 4º da ESO está a elaborar unha serie de traballos utilizando diferentes técnicas na materia de Educación Plástica e Visual para poder utilizalas nos nosos trípticos.