Connecting Cultures: This is our school, CEIPP de Sigüeiro

No CEIPP de Sigüeiro participamos nun proxecto eTwinning que leva por título “Connecting Cultures: Friends in a Safe Space”. Ademais do noso centro, participan colexios de Portugal, Grecia, Serbia e Turquía. Este proxecto enmárcase dentro da liña de Educación Patrimonial do Plan Proxecta.

Antes de entrar en materia, toca presentarnos e ubicar onde está cada socio; así que comezamos por gravar e editar un video sobre o noso centro. Que vos parece?