Cortegada, unha visita de conto.

Ola camiñantes,

A nosa visita a Cortegada foi…foi… ESPECTACULAR!!!!!!!!!

Imos intentar mostrarvos todo o que pasou, pero o máis difícil de ensinarvos non sei como facérvolo chegar. Só podemos expresar dende aquí a nosa infinita gratitude a Sonia García pola súa entrega e dedicación, que pasou toda a mañá connosco achegando dun xeito lúdico, comprensible e cercano as súas explicacións ao alumnado.

Mirade, mirade…

A nosa primeira parada foi na capela da Illa.

 

Sonia levou preparados uns planos para explicarnos como era  a capela e como co paso do tempo e as necesidades da xente que a empregaba, foron mudando a súa estrutura, como por exemplo portas que xa non existen ou pedras que co paso do tempo van “desaparecendo” ao mismiño  que ocorre coas pinturas ou a goma de borrar 😀

A entrega da nosa arqueóloga foi total e por pequenos grupos axudou ao noso alumnado a comprender o patrimonio da Illa de Cortegada.

Todos e todas aprendemos. Alumnado e mestres saímos da Illa sabedores dun pouquiño máis de toooddoooo o seu patrimonio. Arroupados polos muros das antigas casas da aldea escoitamos lendas co arrecendo do máxico bosque de loureiro  e o suave mexer das follas das árbores que nos fixeron sentir que estabamos  nun paraíso.

  

Parece que non, pero todas estas impresións dos sentidos eran esenciais no noso grupo, xa que unha das nosas alumnas presenta  cegueira total, e non nos deixou indeferente esta marabillosa Illa.

Como podedes intuir, o tempo que botamos alí pasounos voando. Menos mal que nos acompañou a mascota do cole que deste tema sabe bastante. Ademais, estivo moi atenta ás explicación de Sonia para axudarnos a recordar esta visita no cole.

Ao remate, obsequiamos a nosa agora xa amiga, cun pequeno agasallo con produtos que o alumnado fai no centro educativo nas sesións coa mestra de taller. Un pequeno detalle para agradecer un grande traballo.

Que vos parece??? Como dixen ao principio… ESPECTACULAR!!! Tanto que ata volvemos sair na prensa!

Moitas gracias a todos os que fixeron posible esta aventura, incluidos os membros de Corticata que nos trataron de xeito increíble, con eles puidemos ir, vir e ver 😉

 

Ata a próxima e BO CAMIÑO!!!