Dende a nosa casa – Desde nuestra casa – Depuis chez nous

O noso proxecto vai chegando ao seu fin. Atopámonos na fase de elaboración dos carteis e trípticos turísticos que conforman o produto final. Para chegar até aquí, o alumnado tivo que realizar previamente unha actividade de investigación documental na que recolleu información sobre o patrimonio da súa zona e compartiuno co alumnado do seu grupo internacional.

Este traballo quedou compilado no seguinte documento:

Pronto teremos o resultado do traballo restante, que comentaremos, se todo vai ben, nunha videoconferencia cos nosos socios a semana que vén. Seguimos!