Mirando polo Camiño 2018-2019

“Mirando polo Camiño” é unha das tres modalidades de participación no programa “Educación Patrimonial” e pretende promover o traballo de xeito contextualizado sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado. Está está destinada a centros que se encontren en concellos polos que pase algún dos tramos dos Camiños de Santiago oficialmente recoñecidos (Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Ruta da Prata, Camiño de Fisterra, a ruta de inverno e a ruta do mar de Arousa, tamén chamada ruta da Traslatio).

Os centros que participan recibirán a visita dun técnico (arqueólogo/a, arquitecto/a, restaurador/a, conservador/a, etc) que teña feito algunha intervención nalgún ben do patrimonio no seu concello. Trátase de que os alumnos coñezan de primeira mán o traballo dos profesionais que traballan directamente co patrimonio e coñezan as intervencións realizadas para a conservación do seu patrimonio. A visita do técnico pode desenvolverse no centro ou na contorna, onde se atopa o ben do que se vai falar.

Estes son os centros e os técnicos que van recibir:

  • CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa): Visita á capela dos Miragres na illa de Cortegada, onde a arqueóloga Sonia García Rodríguez explicará os traballos de restauración
  • CEIP Juan Rey (Lourenzá): Visita ao pazo de Tovar, onde a arquitecta Belén López explicará o seu traballo como directora da rehabilitación do edificio.
  • CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía): Partindo do proxecto do centro de impulsar a recuperación do pasal dos Pelamios no río Arnoia, propoñemos a visita dun arquitecto que explique aos alumnos a utilidade do do debuxo nos traballos de rehabilitación de elementos do patrimonio cultural.
  • CEIP Camiño Inglés (Oroso): O arquitecto Marcial Rodríguez explicará aos alumnos como se desenvolve o traballo para definir e delimitar os tramos do Camiño de Santiago
  • CEIP Sta María a Real (O Entrimo): Os arqueólogos Celso Barba Seara e David Pérez falarán dos traballos desenvolvidos no conxunto arqueolóxico dos Castelos-Pía da Moura
  • CPR Sagrado Corazón (Ribadeo: O arqueólogo Miguel San Claudio visitará o centro para falar de arqueoloxía subacuática e do pecio de Ribadeo
  • IES Francisco Asorey (Cambados): A arquitecta Cristina Ansede contará a súa experiencia no desenvolvemento dos traballos de rehabilitación no Pazo de Fefiñáns.
  • IES Frey Martín Sarmiento (Pontevedra): No ano 2007, nas obras de reforma urbana na avenida de Santa María, apareceron os restos dunha fortaleza que hoxe en día poden visitarse no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Juan Carlos Castro Carrera, arqueólogo do concello de Pontevedra explicará aos alumnos a orixe e desenvolvemento deste proxecto.
  • IES Plurilingue de Ames: Visita á capela de San Xoanciño de Pousada, da man do arquitecto Juan Barcala autor do proxecto de rehabilitación do edificio.