NASÍN ONDE AS PRANTAS NASEN
Charla para o alumnado de 4º da ESO e Bac dentro das Actividades do Plan proxecta 2024- Educación Patrimonial. Impartida por María López Sández (Lugo, 1973) escritora en lingua galega e profesora contratada doutora de Didáctica da Lingua e a literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse cunha tese centrada na descrición topográfica e os imaxinarios espaciais, abordando especificamente a obra de Rosalía de Castro. Pola súa obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2007. Foi membro do equipo investigador de proxectos centrados na prosa de Rosalía de Castro e na análise xeoespacial da súa obra.