O Camiño de Inverno nas Ensinanzas Básicas Iniciais

O alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais tamén se achegou a coñecer o Camiño de Inverno a partir dunha actividade colaborativa.

Proxéctase un Power Point explicativo sobre o Camiño de Inverno e sobre os recursos patrimoniais de Chantada entre os que están as igrexas. O alumnado das ensinanzas básicas iniciais creará un póster dunha igrexa pola que pasa o Camiño de Inverno no que incluirá fotografías, unha breve descrición, a localización e as partes desta.

Toda esta información obterana a través da realización de buscas en internet coa axuda da profesora e da información contida no Power Point explicativo.

Por último, farase unha breve exposición do traballo e os pósters serán colgados na aula.

OBXECTIVOS:

  • Coñecer recursos patrimoniais vinculados ao camiño de inverno.
  • Introducir o alumnado na terminoloxía do patrimonio cultural.
  • Concienciar o alumnado do valor do patrimonio.
  • Mellorar a lectoescritura.
  • Aumentar o vocabulario en español.