(Galego) O IESP de Ames deseña un percorrido histórico de orientación en Santiago de Compostela

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Os alumnos e alumnas de  4º ESO das materias de Educación Física e Xeografía e Historia realizaron un percorrido de orientación en Santiago de Compostela organizado arredor de elementos históricos contemporáneos da cidade.

Este traballo desenvolveuse co apoio da Asociación de orientación Correr e pensar. O percorrido ía darse a coñecer o día da celebración da European City Race que ía ter lugar en Compostela os días 25 e 26 de abril, mais por mor da pandemia de covid-19, a celebración da carreira quedou adiada.

O traballo realizouse durante o primeiro e segundo trimestre deste curso combinando estudo sobre fontes secundarios e traballo directo sobre a paisaxe realizado en dúas saídas de campo.

Este percorrido intégrase con percorridos por outros períodos da paisaxe cultural compostelá feitos por alumnado doutros cursos, o que nos permite descubrir descubrir a paisaxe histórica de Santiago de Compostela desde a Prehistoria ata a época actual á vez que realizamos deporte e poñemos en prácticas as nosas habilidades de orientación.

Podedes ver a información sobre os elementos históricos premendo na imaxe ou neste enlace ao museo virtual KaleidoScapes.