O léxico relacionado coa olería e os elementos arquitectónicos dun mosteiro. CPI Antonio Faílde.
Dende a materia de Lingua castelá e literatura íamos profundizar no léxico asociado á arte da olería e nos tecnicismos arquitectónicos relacionados coa estrutura dun mosteiro, pero a suspensión das clases presenciais truncou este traballo-
– Oleiría: nomes das principais técnicas, materiais, instrumentos e tipos de recipientes. Realización de fichas con todos os termos e a súa imaxe correspondente.
– Mosteiros: léxico que fai referencia ás principais partes dun mosteiro para que logo sexan debidamente identificadas na visita ó recinto. A colaboración do Departamento de Xeografía e Historia sería fundamental para acotar o vocabulario adaptado ó nivel dos alumnos. Co manexo desta terminoloxía preténdese que se familiaricen co mundo da historia da arte e poidan distinguir as principais partes dunha estrutura arquitectónica.