O NADAL E O PATRIMONIO POPULAR

Un elemento fundamental do patrimonio cultural do Nadal son as personaxes que agasallan aos nenos e nenas, xunto coa iconografía e as representacións festivas e musicais que os acompañan.

A principal representación desta tradición na vertente relixiosa é a dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar chegan de oriente no serán do 5 de xaneiro para que as crianzas reciban os seus agasallos ao espertar na mañá do día 6. Esta é unha representación da tradición relixiosa que sinala a visita dos tres Reis Magos a Belén logo do nacemento de Cristo.

Así, esta data acostuma a ser celebrada nas rúas das nosas localidades con cabalgatas, nas que se representa un desfile dos Reis Magos traendo os agasallos. Asemade, nas casas é común colocar unha reprodución do Belén ao pé da árbore de Nadal onde aparecen os agasallos de cada neno na mañá do 6 de xaneiro, coñecido como día de Reis.

Nos últimos anos, por influxo da cultura anglosaxona e o interese comercial en adiantar as compra ao inicio das festas de Nadal, foi gañando presenza nas celebracións do Nadal a figura de Santa Claus, aquí máis coñecida como Papá Noel, quen chega ate as nosas casas no seu trineo para deixar os agasallos en cada casa polo 25 de decembro, día de Nadal.

Sen embargo, tamén nas celebración do Nadal están a ser recuperadas outras personaxes tradicionais, de carácter máis local e popular.

De feito, aproveitamos os últimos días de clase antes das vacacións do Nadal (que se estenderon entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro) para investigar e presentar este personaxes tradicionais de Nadal que atopamos por distintos puntos da Península Ibérica:

– Apalpador (Galicia)

– Chicharrona (Extremadura)

– Anguleru (Asturias)

– Enteru (Cantabria)

– Tientapanza (Andalucía)

– Tió (Cataluña)

– Olentzero (País Vasco)

Imos falar un pouco sobre o personaxe característico do Nadal galego: o Apalpador ou Pandigueiro. Trátase dunha figura mítica dun carboeiro que baixa das montañas na noite do 24 de decembro para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún agasallo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

O pasado 20 de decembro fixemos unha actividade ao redor destes personaxes populares do Nadal no que distintos grupos de alumnado presentamos as distintas historias de cada un deles.

Despois deste traballo, está claro que temos ben merecidos os agasallos que todos eles nos traian. Bo Nadal!