(Galego) O petróglifo de Monte Castelo, a xoia rupestre na Maía
O alumnado de 4º de Primaria visita o petróglifo de Monte Castelo acompañados do arqueólogo e historiador Mario César Vila. A estación rupestre de Monte Castelo atópase na área arqueolóxica de Ventosa na parroquia de Santo Estevo de Covas, Concello de Ames.
Os gravados localízanse nunha rocha situada na ladeira norte do castro de Ventosa. Trátase dunha laxe redondeada, pero que apenas sobresae do terreo e que conta cunha ampla superficie lisa, onde aparecen a maior parte das insculturas.
Toda a pedra preséntase practicamente cuberta de deseños, o que lle dá ao conxunto unha grande plasticidade, sendo unha das representacións de motivos xeométricos máis importantes de todo o territorio.
As figuras grabadas consisten basicamente en 4 composicións complexas unidas entre si. Todas elas presentan características similares, pois son combinacións de aneis concéntricos (entre tres e seis) enlazados por un dos lados a outros motivos máis pequenos de forma circular, cadrada ou rectangular con ángulos redondeados. Nos catro casos o círculo central aparece recheo dunha boa cantidade de cazoletas.
