Hotel en “próxima apertura”

Vai chegando o fin de curso e, con el, a fin do proxecto!

En España (Galicia e Extremadura), xunto con Portugal e  Turquía, temos xa organizada a “apertura” dos Hoteis de Insectos da Cadea Europea do noso eTwinning.

En Guitiriz, xa está asentado, preto do invernadoiro construído con botellas de plástico, convertendo esa parte do patio nunha estación máis para a inclusividade, un lugar para entreterse en observación e convivencia coa natureza.

O noso hotel garda elementos da arquitectura tradicional da zona, como pode apreciarse nas imaxes e… nel queda o esforzo entusiasta de 1º de ESO, 2º de ESO e FPBAS, xunto co seu profesorado, que creron nesta idea e apostan pola observación directa da natureza no futuro próximo como un medio para mellorar a aprendizaxe.

Compartimos aquí o enlace ao noso TwinSpace.