“Pórtico da Gloria, o final do camiño”

 

AS PEREGRINACIÓNS A SANTIAGO.

A CATEDRAL DE SANTIAGO E O PÓRTICO DA GLORIA: META DO PEREGRINO

Situado o IES A Pontepedriña, na cidade de Santiago de Compostela, e considerando a orixe e a historia da cidade e a difusión europea e internacional do fenómeno do Camiño; tendo en conta que miles de persoas se achegan a Santiago todos os anos dende todas as partes do mundo, a pe, a cabalo, en bicicleta e por outros medios, e que o camiño segue a ser un elemento esencial na cidade dende o punto de vista cultural, social, económico, urbanístico e espiritual…

Parece conveniente que o alumnado desta cidade, en xeral, e deste centro en particular teña a posibilidade de profundar na historia e significación da cidade de Santiago de Compostela e os Camiños a ela chegan, Camiños de peregrinación que dende a Idade Media ata hoxe foron configurando o que é a cidade. Que coñeza o valor cultural, artístico, social e de convivencia e enriquecemento espiritual e cosmopolita que implica o Camiño de Santiago e como este foi facendo da cidade o que hoxe é.

Santiago é unha cidade Patrimonio da Humanidade e o Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declaradas pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente. Foi nomeado Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europeo por aglutinar unha serie de valores culturais europeos e por fomentar novas formas de encontros entre xoves europeos. Recibiu tamén o título honorífico de “Calle Mayor de Europa”

Asimesmo, Os Camiños a Santiago recibiron o premio Principe de Asturias da concordia no ano 2004 como eixe vertebrador do que é Europa. Polo tanto, parece conveniente e necesario que os alumnos, cidadáns de Compostela coñezan a importancia da cidade e os camiños a Santiago. Como dicía Goethe :”Europa fíxose peregrinando a Santiago”.

Dende este punto de vista ,un grupo de Departamentos estamos a abordar diferentes aspectos deste fenómeno de modo multidisciplinar, para facer chegar o noso alumnado o coñecemento dos camiños e a cidade de Santiago.

Así, imos mostrando o traballo, tendo en conta que é un proyecto en construcción.

 

 

OS TÍMPANOS DA EPIFANÍA

Existen unha serie de tímpanos medievais co tema da Epifanía presentes en Galicia ó longo do Camiño de Santiago.

Trátase de representacións escultóricas, onde o desprazamento físico de personaxes vinculadas á vida de Cristo como a Virxe María ou os tres reis Magos proxectase sobre o camiñar do peregrino. Neste mesmo sentido, tres reis Magos dirixense ou “peregrinan “dende Oriente cara o seu Occidente, para ofrecer o Neno-Deus, OURO, INCIENSO E MIRRA. Comenzan o seu camiño por unha razón espiritual de RESPETO, ESPERANZA E RENOVACIÓN, sendo guiados por unha ESTRELA. Séculos despois, miles de peregrinos a Santiago, procedentes de oriente, veñen ó punto máis occidental do mundo coñecido, ó Finisterrae cristiano, iniciando un camiño espiritual de RESPETO, ESPERANZA E RENOVACIÓN , seguindo tamén o chamado Camiño das Estrelas, xa que os camiñantes son guiados de novo ó seu destino por un fenómeno astronómico como a VÍA LÁCTEA.

Non podemos esquecer que a cultura xudeo-cristiana ENTENDE A VIDA COMO ALGO LINEAL, con un comezo e un fin (Α e o Ω) e polo tanto estes camiños de peregrinación servían ó peregrino como medios de RENOVACIÓN ESPIRITUAL unha vez alcanzada esa meta.

Que ten que ver isto ca EPIFANÍA? Pois todo: OS REIS MAGOS SON OS PRIMEIROS PEREGRINOS. Dende o lonxano Orirente emprenden un longo camiño para honrar e ofrendar o Neno. Debido á rápidez e o éxito da súa viaxe a Belén, convertíronse en protectores de viaxeiros e peregrinos, e eran invocados par que todo saíse ben.

A primeira gran mensaxe iconográfica: OS REIS MAGOS SON METÁFORA DO PEREGRINO.

E como tres son os Magos, tres serán os grandes momentos desta iconografía: PEREGRINAXE ADORACIÓN/ OFRENDA

A SINAL QUE NOS MARCA O CAMIÑO. Ós Magos UNHA ESTRELA REVELALLES O NACEMENTO DE XESÚS E GUÍAOS CARA ONDE ESTABA O NENO.

NO CASO DO CAMIÑO, O APÓSTOL APARECESELLE EN SOÑOS A CARLOMAGNO NO SEU PALAZO DE AQUISGRAN E REVELALLE O SEU SIGNIFICADO OCULTO DA VÍA LÁCTEA (Camiño das estrelas), a través da ruta luminosa que lle levará a Compostela onde chegará a un sepulcro oculto e olvidado.(Libro IV: Historia de Turpini- Códice Calixtino).

NOS DOUS CASOS INICIASE UN CAMIÑO POR UNHA RAZÓN ESPIRITUAL DE RESPETO, ESPERANZA E RENOVACIÓN, SENDO GUIADOS POR UN FENÓMENO CELESTE, POLAS ESTRELAS.

A relación entre EPIFANÍA E PEREGRINACIÓN chega a fusionarse dunha maneira única.

A IMAXE DOS REIS MAGOS É ANTECEDENTE E PREFIGURACIÓN DOS PEREGRINOS.

A principal representación da Epifanía estaba na propia catedral, no coro petreo do Mestre Mateo.

Os primeiros xentiles serán os Reis Magos. A súa iconografía queda fixada en 3, para representar os 3 continentes nese momento coñecidos e as 3 etapas sucesivas da vida da persoa.

REPRERENTAN QUE TODOS TEÑEN CABIDA NA IGREXA, TODO HOME OU MULLER SIN IMPORTAR A SÚA RAZA, IDADE OU CONDICIÓN.

Neste marco é recibido o peregrino, representa a UNIVERSALIDADE DA IGREXA, dende o punto de vista xacobeo, ten gran importancia,porque os Reis Magos, extranxeiros xentiles ben recibidos no seno da Igrexa, son en Compostela os peregrinos, extranxeiros nesa terra, pero que serán sempre benvidos na cidade para venerar ó apóstolo.

Non podemos esquecer a adoracion dos reis magos como símbolo da encarnación-redención.

Precisamente a redención é o motivo principal e máis común do peregrino para poñerse en marcha cara Compostela.

Ambos significados, a mensaxe da epifanía e a mensaxe o peregrino únense constantemente no coro pétreo do Mestre Mateo, con unha mensaxe ó peregrino onde lle indica que o seu longo camiño seralle recompensado ca redención dos seus pecados. E que chegou ó final, onde será ben recibido sexa quen sexa. A orixinalidade do Mestre Mateo neste tema, estriba en que a súa Epifanía representa con motivos iconográficos diversos, a triple escea de peregrinación, adoración, e ofrenda.

Así, a Epifanía parece dirixir ó peregrino pola ruta urbana directamente cara a basílica compostelana. Pero a súa vez, este tramo “coincide co itinerario dos tres canónigos, que representan ós Magos despois de cabalgar desde a porta do Camiño seguindo a ruta dos peregrinos e plantar as súas tendas na praza da Azabachería, para finalizar na catedral, no seu coro pétreo. En ambos casos deixarían atrás as igrexas de Santa María do Camiño, San Benito do Campo e a Corticela. (O arquivo da Catedral saca á luz datos curiosos dunha peculiar Cabalgata que percorreu a cidade no século XV. Iban dende Porta de Camiño ata a Acibechería, onde entraban na Basílica. (El Correo Gallego 24-12-2018)) Lopez Ferreiro da conta na súa “ Historia da Iglesia en Santiago” do evento festivo, coñecido como “Auto de Reyes”, no Santiago baixomedieval, describe que a poboación esperaba expectante a chegada da solemne Cabalgata nas márxenes das calles. Ademais, relata que o máis espectacular era o mecanismo ou tramoia que se usaba para baixar e subir a estrela que sinalaba ós Reis Magos onde se atopaba o pesebre. “La ciudad, los mayores y, especialmente los niños y niñas (de todas las edades), no solo contemplarían el circular de la Cabalgata desde Porta do Camiño hasta su llegada a la actual praza de Acibechería. La entrada en la Catedral habría de ser esperada sobre el espectáculo de una Estrella que cruzase el templo en una fabulosa puesta en escena”escribía López Ferreiro.

A trascendencia deste tema non se ciñe a Compostela. No resto de Galicia ó longo dos diversos camiños de Santiago o tema repítese incesantemente.

 

 

PRESENTACIÓN PDF SOBRE AS PORTADAS DE COMPOSTELA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías da OFICINA DO PEREGRINO:

 

Fotografías da VISITA AO PÓRTICO DA GLORIA:

 

Fotografías da VISITA Á ZONA VELLA DE SANTIAGO:

 

Fotografías da VISITA Á RESTAURACIÓN DA CATEDRAL DE SANTIAGO:

 

Fotografías dos MURAIS NA AULA:

A BORRIQUITA:

 

A CORTICELA:

 

AS ÁNIMAS:

  

 

CEMENTERIO ROSARIO:

 

HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS:

 

PÓRTICO DA GLORIA:

 

SAN FIZ DE SOLOVIO:

 

SAN PAIO DE ANTEALTARES:

 

 

SAN ROQUE:

 

SANTA MARÍA SALOMÉ:

 

Fotografías excursións: CAMIÑO DE SANTIAGO – ROMA: