Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 3º ESO estudaron a poesía medieval e, como actividade práctica, presentouse este obradoiro de escritura creativa no que os alumnos habían compoñer un romance. Para elo, tiñan que ter en conta as características deste tipo de composicións e a temática do Camiño de Santiago.  Puideron traballar en parellas ou de xeito individual.

Ademais dos conceptos vencellados á lírica medieval, aprenderon  que compoñer respectando a rima, o límite de sílabas e as regras métricas correspondentes e expresar unha mensaxe coherente e cohesionada non é tarefa fácil.

Enlace ao vídeo da actividade “Romance do peregrino”:

https://drive.google.com/file/d/1-9s_xWeqixcwnjGFKf7-geQlk-stxS-1/view?usp=sharing

Enlace ao podcast da actividade “Romance do peregrino”:

https://drive.google.com/file/d/11PRsdb_jMsArBZIN_oPTpaaVOwTnvXRw/view?usp=sharing