Que sabemos das mulleres medievais na Ribeira Sacra?

O 1 de xuño ás 18 h o investigador do CSIC, Miguel García Fernández, membro do Proxecto de Investigación “Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa” (PID2019-108910GB-C22), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, impartirá a charla titulada “Que sabemos das mulleres medievais na Ribeira Sacra? Revisando a nosa historia”, que se centrará na importancia que tiveron as mulleres medievais nos mosteiros femininos da zona, especialmente en Santa María de Pesqueiras, A Cova e Chouzán. Asistirán os alumnos da ESA dos módulos II e IV.